Onte tivemos a sorte de contar coa presenza de Sonia Hermida na biblioteca, dentro do programa Lectura e Familias. Foi unha charla moi interesante para as familias; ademáis de todos os consellos sobre como fomentar a lectura dende os fogares, puidemos ver e manipular unha boa cantidade de libros interesantes e de calidade, que son o tipo de materiais que queremos ofrecer dende a nosa biblioteca: calidade.
Grazas a todas as familias que participaron,
Un saúdo,
O Moucho















