Lectura e familias

Neste novo espazo da Bibliomoucho compartiremos os fondos da biblioteca que poden ser de voso interese. No caso de querer coller algún dos libros só tendes que acercarvos ao edificio de oficinas e solicitalo.

miércoles, 26 de abril de 2023

Unha tarde con Sonia Hermida e as familias

    Onte tivemos a sorte de contar coa presenza de Sonia Hermida na biblioteca, dentro do programa Lectura e Familias. Foi unha charla moi interesante para as familias; ademáis de todos os consellos sobre como fomentar a lectura dende os fogares, puidemos ver e manipular unha boa cantidade de libros interesantes e de calidade, que son o tipo de materiais que queremos ofrecer dende a nosa biblioteca: calidade.



    Ademáis, fixemos un pequeno obradoiro de creación que xa queda anotado para facelo co alumnado. As familias se levaron un tríptico coas imaxes dos diferentes libros e o listado completo de títulos. Esperamos que sexa de axuda no momento de escoller libros de calidade.










 


 

Grazas a todas as familias que participaron,

Un saúdo,

O Moucho

No hay comentarios:

Publicar un comentario