Ola a todas e todos,
Este novo espazo da nosa biblioteca diríxese a toda a comunidade educativa do CEIP de Coutada-Beade, pero moi especialmente ás familias do noso alumnado.
Iniciamos así unha nova etapa na que queremos involucrar á comunidade educativa do noso centro nas dinámicas da biblioteca.
Como xa sabedes, o noso centro foi un dos 50 centros seleccionados en toda Galicia para a integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo deste curso 2022/2023.
Co obxectivo de estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación familiar, dende o centro ofertaremos diversas actividades pensadas para a participación das familias en experiencias de lectura e de traballo coa información e medios de comunicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario